Tras a petición da Fiscalía, á que se sumou a acusación particular exercida pola denunciante, a titular do Xulgado de instrución número 15 de Barcelona ordenou o ingreso en prisión sen fianza do futbolista. Alves foi detido este venres pola policía catalá despois de que regresase a España desde México, onde reside actualmente dado que xoga no Pumas, e tomóuselle declaración en calidade de investigado na comisaría barcelonesa de Les Corts. Posteriormente, conducírono ante a titular do Xulgado de Instrución número 15 de Barcelona, que estaba de garda cando sucederon os feitos e que ten aberta unha investigación contra o xogador. Na súa denuncia, a muller asegura que o futbolista brasileiro lle fixo tocamentos por debaixo da súa roupa interior, sen o seu consentimento, na discoteca Sutton de Barcelona onde coincidiu con el nunha festa.
0