Prisión sen fianza para o suposto autor dun tiroteo en Ordes

1 minutes read

A xuíza de Ordes decretou este venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o presunto autor do tiroteo acontecido na madrugada do mércores en Ordes. O detido vai ser investigado por intento de homicidio, roubo con violencia,  intimidación e tenza ilícita de armas. 
Trátase dun coñecido atracador que estaba en proceso de reinserción despois de cumprir 16 dos 20 anos de cadea aos que fora condenado. O luns pasado non regresou dun permiso penitenciario e foi entón cando a Garda Civil comezou a buscalo. Deron con el na madrugada do mércores cando, armado cunha pistola, tentou roubar un coche e acaboulle disparando ao seu dono, que se recupera dunha ferida de bala.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?