Prisión sen fianza para un grupo criminal ubicado en Carballo

Parte del material incautado_Guardia Civil.

O Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica da Policía Xudicial (UOPJ) da Garda Civil da Coruña en colaboración varias unidades da Compañía da Guardai Civil de Carballo, desarticulou un grupo criminal radicado en Carballo, na fase de explotación da operación Boltañon. A mencionada operación iniciouse a principios do pasado mes de xullo, ante o repunte de roubos neste tipo de establecementos.

A Garda Civil tras unha investigación preliminar dos feitos, concluíu unha autoría común, polo que se fixo cargo da mesma o mencionado Equipo de UOPJ. A análise da información solicitada, permitiu centrar os seus esforzos nun grupo de individuos residentes en Carballo e con múltiples antecedentes por feitos da mesma índole. A pesar dos esforzos realizados pola Garda Civil, o radio de acción da súa actividade, chegando a cometer varios roubos nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra nunha noite, dificultou a obtención de probas que os incriminasen. Nas súas accións empregaban unha gran violencia, sendo os seus obxectivos principais as máquinas rexistradoras e recreativas dos establecementos, as cales forzaban con patas de cabra e mazas.

En caso de atoparse o propietario ou algún responsable no interior, non dubidaban en utilizar a violencia, golpeándoos e ameazándoos, nunha das ocasións golpearon ao propietario cunha pata de cabra e asperxéronlle o rostro con gas pementa, noutra o ameazaron cunha catana. Este grupo criminal estivo a piques de ser detido o pasado 21 de agosto, cando os seus membros foron sorprendidos por axentes da Garda Civil cando subtraían efectos dun establecemento en Vimianzo.

A mesma violencia que utilizaban coas súas vítimas empregábana contra os axentes. Para evitar a súa detención non dubidaron en arremeter contra os gardas civís co seu vehículo a toda velocidade, tendo estes que actuar con celeridade para evitar ser atropelados. Non sendo este o único incidente protagonizado, xa que na fuga de varios dos seus feitos delituosos protagonizaron diversas persecucións con diferentes forzas policiais polas estradas da provincia, durante as cales conducían de maneira temeraria poñendo en risco a todos os usuarios da vía.

Despois de múltiples xestións, a Garda Civil logrou establecer o lugar onde se escondía un dos integrantes. Dado o perigo dos implicados e o modo de proceder, non dubidando en atropelar aos axentes ante a posibilidade da súa detención, foi necesario establecer un operativo especial o pasado 16 de setembro. Contando para este fin coa colaboración da Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) da Comandancia. Os detidos foron sorprendidos cando descargaban o botín obtido tras unha noite de intensa actividade delituosa, cometendo tres roubos na mesma. Nun primeiro momento puido deterse dous dos integrantes, materializándose os temores apuntados, xa que o condutor do vehículo abandonou o lugar a gran velocidade sen importarlle o risco para a integridade física do resto de persoas presentes, sendo localizado e detido esa mesma mañá tras abandonar o vehículo e esconderse nunha zona arborizada. Posteriormente procedeuse á detención doutras dúas persoas que tiveran diferentes graos de participación nos feitos. Á mañá seguinte procedeuse a realizar unha entrada e rexistro do domicilio do principal investigado, obtendo no seu interior numerosas probas que os incriminan, ademais de efectos dos roubos, destacando a multitude de moedas provenientes dos roubos das máquinas recreativas dos establecementos e unha escopeta coa numeración borrada, en perfecto estado de funcionamento. A investigación desenvolvida polos efectivos do Equipo de Patrimonio foi tutelada polo titular do Xulgado de Instrución Número 8 da Coruña, a quen correspondeu unha parte importante do traballo realizado, aínda que por razón do lugar de detención, tres dos detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Carballo, que levo o esforzo na última parte do operativo e cuxo maxistrado titular decreto o seu ingreso en prisión sen fianza.

Aos cinco detidos considéraselles presuntos autores dos delitos de roubo con forza nas cousas, roubo con violencia e intimidación, furto, pertenza a grupo criminal, atentado a axente da Autoridade, tenencia ilícita de armas e falsidade documental.