Proba piloto | Cinco mil persoas acoden en Barcelona a un concerto de Love of Lesbian

  • Era obrigatorio facerse un test de antígenos e levar máscara.

Este sábado celebrouse un concerto no Palau San Jordi de Barcelona, no que non houbo que manter distancia. Un feito noticioso se temos en conta en que situación estamos en plena pandemia. Cinco mil persoas déronse cita no recinto, iso si, con máscara e despois de someterse a un test de antíxenos. Ademais, entraron por diferentes accesos e de forma graduada. A máscara proporcionábaa a organización e era FFP2. Todo para poder gozar desta proba piloto organizada por Festivais pola Cultura Segura e o Hospital Germán Trías e Pujol. O primeiro concerto, en época COVID-19, sen distancias de seguridade. Todos esperan que esta proba sexa un éxito para que pronto a música volva aos escenarios como outrora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha