Problemas coa potabilidade da auga de Malpica


O Concello informou este sábado que a auga da traída municipal non é apta para o consumo. A conclusión derivou tras unha análise efectuada pola Consellería de sanidade. Segundo indicaron fontes municipais a auga pódese utilizar para o aseo persoal, pero non para beber directamente nin cociñar, polo menos ata dentro de dous días, que se volverá a analizar. O alcalde, Eduardo Parga, emitiu un Bando informando de que “os problemas da seca chegaron ao Concello de Malpica. A falta de auga do río está a provocar que os restos do fondo cheguen ata os fogares. Deste xeito, as últimas analíticas conclúen que a auga da rede municipal non é apta para o consumo porque incumpre os parámetros THM”. Desde o Concello estamos a traballar para solucionar este grave problema que nos afecta a todos, concluíu Parga.