Procesan a 29 altos cargos e empresarios pola organización do 1-O en Cataluña


A Audiencia de Barcelona confirmou este luns o procesamento de 29 empresarios e cargos do Goberno catalán polos preparativos do referendo unilateral do 1-O e aos que se lles atribúen os delitos de malversación, desobediencia, falsidade e prevaricación. O tribunal da Sección 21 rexeitou os recursos presentados contra o auto do Xulgado de Instrución número 13 de Barcelona que apreciou indicios de delito nos investigados, entre os que se atopa a presidenta da Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals (CCMA), Núria Llorach; os directores de TV3 e Catalunya Radio, Vicenç Sanchis e Saül Gordillo, respectivamente; o que fose delegado do Govern ante a UE Amadeu Altafaj; o secretario xeral do Diplocat Albert Royo e a exinterventora da Generalitat Rosa Vidal, entre outros. Os procesados, detalla a resolución da Audiencia, poden exercer de novo o seu dereito de defensa e as acusacións terán a oportunidade de preguntar.