Procesan a Camps pola construción do circuíto da Fórmula 1

A Fiscalía Anticorrupción pide procesar ao expresidente da Generalitat, Francisco Camps, polas negociacións persoais que realizou co magnate da Fórmula 1, Bernie Ecclestone. Camps, segundo o escrito presentado pola Fiscalía Anticorrupción, cometería por estes feitos un «delito continuado de prevaricación administrativa e de malversación de caudais públicos». Desta maneira, Camps queda como único imputado na peza un do Caso Valmor pola súa implicación persoal nas negociacións para que Valencia acollese cinco grandes premios de Fórmula 1 entre 2008 e 2012, que custaron ás arcas públicas a friorenta de 308 millóns de euros, segundo o último cómputo desvelado polo xefe do Consell, Ximo Puig, nas Corts.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha