Procesión e actos relixiosos acapararon o protagonismo do Santo Hadrián de Malpica

1 minutes read
  • Esta romaría, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, é unha celebración que data do século XV. Para saber a data de celebración, hai que ver se o 16 de xuño cae en domingo, e se non é domingo… trasládase ao seguinte.

Centenares de persoas partiron en procesión á primeira hora da mañá, desde Malpica e alrredores, camiño da ermida do Santo Hadrián, contorna relixiosa situada no Monte de Beo e que xurdiu sobre un espazo sacro precristián, aquí atopáronse os restos arqueolóxicos do castro coñecido como Bico do Castro, sobre unha crista, cuxas ladeiras chegan ao mar, no máis occidental do Cabo de Santo Adrián. Como cada domingo seguinte ao 16 de xuño, a imaxe foi levada aos ombreiros dos seus devotos e pola beira do mar, desde a Igrexa parroquial ata a súa capela, no cabo do seu nome. Unha procesión adornada con cintas multicores dunha comitiva con banda de música. Houbo misas cada hora e a solemne á unha, xa pola tarde o santo regresou en procesión á igrexa de Malpica.