Produtos do mar galegos: apostase pola súa diferenciación para impulsar a súa internacionalización

1 minutes read

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, destacou hoxe en Ourense a aposta da Xunta pola diferenciación e promoción dos produtos do mar para impulsar a súa comercialización. Así o sinalou no acto central do Día do Mar na 23ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar, onde subliñou que a presenza en eventos como Xantar é clave para potenciar a difusión da calidade dos peixes e mariscos de Galicia.

Neste labor, engadiu, tamén é de gran valor o emprego de etiquetas de denominación de orixe protexida ou distintivos como o selo de calidade Peixarías, entre outros. Ademais destacou o importante papel das campañas de promoción como GALICIA SABE AMAR , que está presente no expositor que ten a Consellería do Mar nesta feira. Alí a Xunta tamén dá a coñecer a calidade dos peixes e mariscos galegos con accións como unha decena de degustacións na aula do Mar desta feira. A Consellería do Medio Rural tamén conta cun espazo neste certame e realiza distintos talleres e actividades para promocionar os produtos agroalimentarios galegos.