Profesionais da música analizan a rendibilidade da distribución nas plataformas dixitais

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolleu a primeira das sesións do V Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais, organizado pola Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza. Baixo o título Monetiza a túa música en liña, expertos na materia abordaron as vías para rendibilizar a distribución musical a través das plataformas dixitais.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou na apertura do encontro, onde salientou a continuidade deste foro e a súa utilidade para avanzar no encontro e desenvolvemento do sector, máis aínda tendo en conta o novo contexto xurdido coa pandemia sanitaria e as dificultades para o consumo da música en vivo. “Temos que mirar inevitablemente ás posibilidades de retorno económico que nos ofrecen outros xeitos de consumir música máis alá da experiencia dos directos”, afirmou.

Tamén se referiu a que nos últimos meses a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinou todos os recursos para poñer en marcha un plan urxente de reactivación cultural, con programas de dinamización en novos formatos musicais, como foron por exemplo Galicia Emerxe ou as gravación de Directos Xacobeo en Salas. “Pero como profesionais, estamos obrigados a explorar outros eidos de explotación e de beneficio económico que indefectiblemente teñen que pasar pola mirada cara ao entorno dixital”, engadiu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha