Profesionais dos centros de saúde protestan ante a caótica situación da Atención Primaria

  • As concentracións levaranse a cabo os xoves ás 12 e ás 18 horas.

A Comisión de Centros de Atención Primaria da área sanitaria da Coruña e Cee convocou novas concentracións nos centros de saúde en protesta pola ‘crítica’ situación que atravesa a atención primaria en Galicia, tanto por falta de medios como de persoal.

Estas xuntanzas, convocadas por todos os sindicatos (CCOO; CIG, CSFI, USA, SATSE, UGT e OMEGA), comezaron a realizarse este xoves ás 12:00 e ás 18:00 horas. Persoal do Centro de Saúde de Carballo sumouse a esta iniciativa durante uns minutos na porta do propio centro.

Protesta este xoves ás portas do Centro de Saúde de Carballo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha