Programa de actos motivo da inauguració da área de servizo de autocaravanas en Corme

2 minutes read

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, xunto co presidente da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), Manuel Fernández-Arruti Ferró, técnicos de turismo e Protección Civil do concello, presentaron o cartel coas actividades que se levarán a cabo durante tres días con motivo da inauguración da maior área de servizo para autocaravanas gratuítas de España, localizada en Corme.  Carballido agradeceu a visita do presidente de A.G.A. para preparar cos técnicos de turismo as diversas actividades do fin de semana. 

O Concello de Ponteceso e a Asociación Galega de Atocaravanas, A. G. A. invitan a todos os autocaravanistas que desexen asistir, á concentración que se celebrará os vindeiros días 16, 17 e 18 de setembro do 2022 na Área de Corme.

Con motivo de este evento realizaranse diferentes actividades que axudarán a promocionar o turismo do Concello de Ponteceso.

A concentración arrincou este venres 16 de setembro coa recepción de todos os participantes, no Porto de Corme, e durará dous días con un amplo programa:

•             Sábado 17 de setembro ás 11.00 horas haberá charlas explicativas das actividades vinculadas ao traballo no mar (redeiras, percebeiros..). 

•             Ás 13.00 horas será a inauguración oficial da Área de Servizo a cargo do alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido. Coordenadas GPS Concentración. – (Google Earth) // (Google Maps) Decimal Sexagesimal N 43° 15′ 49» O 8° 57′ 54» // 43.263768, -8.965075

Ás 16.30 horas desfrutarán dunha ruta guiada polos miradoiros de Ponteceso: Faro Roncudo, Monte Branco e Monte do Faro. Para esta actividade será preciso inscribirse.

Ás 22.00 horas os participantes gozarán da camiñata nocturna de 6km, cunha duración de dúas horas. A saída será dende a praza da  Ribeira de Corme.

•             O domingo 18 de setembro, de 9.30 á 13.30 horas, visita guiada ó Museo de Arte Contemporánea de Corme (MACCMO). Ademais,  haberá visitas guiadas pola parroquia de  Corme.