Programación extensa e plural para conmemorar o centenario de Pardo Bazán


Galicia impulsará este ano unha programación extensa, variada e plural para conmemorar o centenario de Emilia Pardo Bazán con máis de 40 actividades que terán como acto central a exposición Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade. Trátase da mostra levada a cabo pola Xunta, a Biblioteca Nacional de España (BNE), Acción Cultural Española (AC/E) e a Comunidad de Madrid en colaboración coa Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Coruña que se exhibirá na Coruña do 22 de outubro ao 18 de decembro tras o seu paso por Madrid e que reunirá máis de 200 pezas entre manuscritos, libros impresos, gravados e fotografía, entre outros.

Así o explicou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, nun acto no que tamén interviron de xeito presencial ou por videoconferencia representantes das institucións participantes Trátase dunha programación que nace da implicación e compromiso de máis dunha trintena de institucións e entidades de Galicia, do resto de España e de Estados Unidos que colaboran na posta en marcha das actividades para pór en valor a figura de escritora durante este ano.

O reto da modernidade será a gran iniciativa do centenario que permitirá achegarlle á sociedade a modernidade dos retos literarios, intelectuais, persoais e políticos de Pardo Bazán así como a súa dimensión europea “sen esquecer a pegada que deixou en Galicia”, indicou Román Rodríguez.