Programada a obra da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI Pecalama de Tordoia

1 minutes read

A Xunta vai acometer a substitución da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI Pecalama en Tordoia cun investimento de máis de 423.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia. A actuación ten un prazo de execución de dous meses.

A obra ten como obxectivo principal a substitución do acabado de cubertas existente, por paneis de aceiro con illante intermedio, así como a renovación dos canalóns e baixantes. Levarase a cabo tamén a reparación de gretas e fisuras da fachada principal cun tratamento perimetral de ocos de ventás para garantir a estanqueidade e a execución dun sistema de illamento polo exterior (SATE). A actuación contempla ademais a substitución das ventás exteriores corredeiras por unha nova carpintería de aluminio anodizado con apertura oscilobatente e con dobre acristalamento.

Esta importante actuación será primordial para mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia que neste momento se atopa en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecemento. Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?