Programada na Laracha unha charla sobre a nova tarifa eléctrica

1 minutes read
  • Será o vindeiro xoves 23, a partir das 20:00 horas, na Casa da Cultura

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o xoves 23 de setembro, a partir das 20:00 horas, unha sesión informativa sobre a nova tarifa eléctrica que estará aberta a todos os públicos.

Esta iniciativa, enmarcada na campaña que está a desenvolver a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), pretende asesorar á cidadanía en relación aos últimos cambios normativos para que poidan aforrar na factura da luz.

O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar aforo.