38
A Xunta iniciou este martes os traballos de mellora do firme na autoestrada AG-55 entre Arteixo e Carballo, que farán necesarios cortes puntuais de carrís ata o venres.
As obras consisten no estendido de microaglomerado en frío en varios treitos de ambas as calzadas entre os puntos quilométricos 16 e 29 desta autoestrada.
Para poder acometer estas actuacións de conservación será preciso realizar cortes de tráfico puntuais nun carril, permitindo a circulación alternativa polo outro.
Esta intervención permitirá mellorar a adherencia dos pneumáticos neste tramo e evitar o deterioro do firme, reforzando a seguridade viaria.
No seguinte cadro indícase a programación dos cortes previstos esta semana:
| PK inicio | PK fin | CARRIL | CALZADA | DÍAS |
| 16+000 | 17+760 | Esquerdo | Crecente | 6 e 7 de abril |
| 18+700 | 17+000 | Alterno | Decrecente | 6 ao 8 de abril |
| 21+000 | 23+100 | Dereito | Crecente | 7 e 8 de abril |
| 25+000 | 28+500 | Esquerdo | Crecente | 6 e 7 de abril |
| 27+000 | 29+200 | Dereito | Crecente | 7 e 8 de abril |
| 27+600 | 23+000 | Alterno | Decrecente | 8 e 9 de abril |
