Como consecuencia do decreto do estado de alarma aprobado polo Goberno do Estado, e durante o período de vixencia do mesmo, coa finalidade de controlar a propagación do coronavirus entre a poboación, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, emitiu un Bando no que comunica que queda prohibida a celebración do mercado dos xoves e das feiras dos 2º, 4º e 5º domingo de mes. Tamén permanecerán pechados ata novo aviso os rexistros auxiliares do Pazo da Cultura, o Fórum Carballo, Servicios Sociais e Carballo Deporte.