O Consello de Ministros aprobou este martes a prohibición da circulación dos patinetes eléctricos por beirarrúas e zonas peonís. Tampouco poderán circular por vías interurbanas ou que transcorran por poboados, nin por túneles urbanos. A velocidade máxima será de 25 km/h. E o condutor dun patinete poderá ser sometido a probas de alcoholemia e non poderá usar auriculares. Normas que a DXT xa viña aplicando e tamén algúns concellos.
Como novidade os patinetes deberán contar co correspondente certificado de circulación que acredite que cumpren cos requisitos técnicos do manual que terá que aprobar a DXT. O novo regulamento, que entrará en vigor o vindeiro 2 de xaneiro, inclúe outros vehículos eléctricos persoais. Quedan fóra os empregados por persoas con mobilidade reducida.