Prohibidas as actuacións musicais nas rúas de Corme durante a Festa do Percebe

Imaxe da Festa do Percebe de Corme no 2017_Facebook oficial da festa

  • A prohibición esténdese desde as 00.00 horas do día 1 de xullo ata ás 9.00 horas do día 3 e afecta a todo o núcleo urbano de Corme Porto, praias, paseos e zona portuaria.

A uns días de celebrar a 30º edición da Festa do Percebe do Roncudo de Corme, o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, anunciou a través dun bando municipal que estará prohibida a ocupación de espazos públicos por parte de todo tipo de camións, disco móbiles ou plataformas de música que non presenten a correspondente licenza. A prohibición esténdese desde as 00.00 horas do día 1 de xullo ata ás 9.00 horas do día 3 e afecta a todo o núcleo urbano de Corme Porto, praias, paseos e zona portuaria. Aquelas empresas infractoras ou promotoras deste tipo de actividades que non dispoñan de permiso municipal serán sancionadas.

Por outra banda, desde o consistorio volven lembrar que está prohibido beber alcohol e consumir en botellas ou vasos de vidro nas vías públicas.