Prohibidas as queimas agrícolas e forestais en Galicia desde o 27 de maio

A Xunta de Galicia comunicou este luns que desde este martes 27 de maio quedan de novo prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares na comunidade autónoma.

Polo tanto, precisa a Consellería do Medio Rural nun comunicado, “isto implica que non se darán máis permisos e que os xa concedidos non terán validez a partir do día 27”.

En todo caso, quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, dado que son debidamente planificadas e os efectivos que as levan cabo dispoñen dos medios de extinción precisos.

Esta decisión foi tomada, precisa a Xunta, despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados detalladamente os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Related posts

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible