21
As tendas de roupa poden facer rebaixas a través de Internet, pero as ofertas en tendas físicas están prohibidas. Non poden levar a cabo accións comerciais que provoquen aglomeracións de clientes, nin dentro nin nas inmediacións dos establecementos.
Que se prohibiran as rebaixas era unha demanda do sector téxtil para evitar que posibles descontos agresivos de grandes cadeas, despois de dous meses de peche, prexudicaran o pequeno comercio ao abrir. Así o explicou José María Seijas, Presidente da Federación Galega de Comercio.