Tras o aumento de contaxios por coronavirus en Arteixo, a Xunta puxo en marcha unha serie de medidas para tratar de atallar a situación, polo que non poderán haber reunións de máis de cinco persoas, queda prohibido consumir no interior dos bares e das cafeterías, que só poderán atender nas terrazas, e en todo caso nunca a máis de cinco persoas xuntas. No caso dos restaurantes si que poderán atender no interior ata cinco mesas, pero tamén a un máximo de cinco persoas por mesa.
Poderán facerse celebracións familiares (comuñóns, bautizos, vodas…), mais deberán notificarse ás autoridades sanitarias para facerlles un seguimento. Sanidade solicitará unha listaxe de traballadores no concello en contacto con moita xente (Policía, taxi, farmacia, servizos municipais…) para facer cribados. En cinco días revisarán e analizarán de novo a situación para estudar posibles novas medidas.