Prohibidas as reunións de máis de dez persoas en Cataluña

Quim Torra

  • O 70% dos contaxios diagnosticados están a orixinarse en reunións entre amigos ou familiares

O Goberno de Cataluña prohibe as reunións de máis de dez persoas tanto no ámbito privado coma no público, exceptuando o laboral e o de transportes. Así o anunciou este luns o presidente da Generalitat, Quim Torra, alegando que se trata dunha medida máis para loitar contra o alarmante ascenso de contaxios por coronavirus na comunidade, que hoxe se establecía en 1.788 novos positivos. O principal motivo desta medida débese a que o 70% dos contagios diagnosticados están a orixinarse en reunións entre amigos ou familiares.

Torra pediu «un esforzo máis» á poboación catalá e convocou para este martes unha reunión extraordinaria do Govern para abordar a situación no ámbito escolar, xa que o curso dará comezo o próximo 14 de setembro. Entre a batería de medidas anunciadas na chamada ‘Operación setembro’, tamén destaca un cribado masivo nos colexios e institutos de Cataluña entre o 15 de setembro e o 15 de novembro, ademais da obrigatoriedade de levar máscara para os alumnos de máis de 12 anos.

Cataluña volve ter «uns datos que nos preocupan, polo que hai que facelo mellor», recalcou o presidente catalán.

Related posts

Acordo PP-Vox para gobernar Estremadura catro meses despois da celebración das eleccións

Un accidente de autobús turistico na Gomera deixa 1 morto e 14 feridos

IU, Sumar e Podemos baixo as siglas ‘Por Andalucía’ nas próximas eleccións autonómicas