Prohibidas xudicialmente as marchas do 8M en Madrid


A sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza da comunidade madrileña ratifica a prohición acordada pola Delegación do Goberno. A sala entende que o dereito á manifestación e á reunión “entra en conflito con valores constitucionais como a saúde pública e, máis concretamente, a saúde, a integridade física e a vida das persoas”, que deben prevalecer. Neste caso negan que exista discriminación de xénero. A decisión foi criticada polas organizacións que presentaron un total de nove recursos. Os maxistrados indican que “malia a relativa mellora dos datos epidemiolóxicos en Madrid, o risco segue sendo alto”.