Prohibido fumar na rúa e en espazos públicos

1 minutes read

Queda prohibido fumar nas rúas e terrazas de Galicia sempre que non se poida manter a distancia de seguridade. É unha das decisións que acordou a Xunta tras escoitar ao comité clínico e que se concreta na orde publicada este mércores no DOG, e que di o seguinte:

«No caso particular de consumo de tabaco ou de cigarros electrónicos na vía pública ou en espazos ao aire libre, incluídas as terrazas, só se poderá exceptuar a obriga de uso de máscara, e exclusivamente durante o indicado consumo, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de dous metros con outras persoas».

O presidente da Xunta en funcións lamenta a relaxación no cumprimento das normas, sobre todo na área da Coruña, e fai un chamamento á responsabilidade de todos.

En sete días volverá reunirse o comité clínico para decidir se mantén, suaviza ou aumenta as restricións acordadas este mércores.