Promoción do Bergantiños para encher As Eiroas ante o Zamora CF


O Bergantiños FC, con motivo da disputa do partido correspondente á Xornada 12 de 2ª RFEF, pon en marcha unha promoción especial destinada aos socios e socias, así como tamén, a todos os nenos e nenas que forman parte da Base Bergan e das Escolas Luís Calvo Sanz.

O club desexa encher, este domingo ás 12:00, o Estadio Municipal de As Eiroas de “vermello” para axudar ao primeiro equipo a conseguir unha nova vitoria este domingo, no que recibirá ao Zamora Cf. Por iso, o Bergantiños FC convida a todos os socios e socias co abono da Tempada do “Cen Bergantiños” a traer un/a acompañante polo que se lle descontará 10 euros do prezo habitual das entradas para o público xeral. Isto é, cada socio poderá gozar do gran partido do domingo acompañado doutra persoa abonando tan só 5 euros.

Ademais, todos os xogadores/as que pertenzan á súa canteira, tanto de Base Bergantiños como das Escolas Luís Calvo Sanz, poderá convidar a quen desexe ao encontro de forma totalmente gratis (un/a acompañante por cada xogador/a). A canteira tan só terá que estar uniformada (chándal oficial de Base Bergantiños FC ou das Escolas Luís Calvo Sanz) e obterá unha entrada gratis para presenciar o Bergantiños FC – Zamora CF.