Promoción do comercio de Camariñas no seu Desfile de Outono

1 minutes read

Un total de 7 comercios de Camariñas presentarán o venres 1 de novembro, no Pavillón Municipal de Camariñas, as súas coleccións para esta temporada. Farano no Desfile de Outono, un evento organizado polo Concello para promocionar o comercio local.  

Promo do evento.

A cita terá lugar a partir das 20 horas e no acto, que estará presentado por Saulo Fernández, participarán as empresas María Campaña, Kerubín, Oreiro, O Rincón de Chus, d’Pau, Calzados Silvia e Confecciones Elsa. Ao remate do acto haberá chocolate con churros gratis para todos os asistentes.  

A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, destacou a “boa vontade dos negocios de Camariñas para participar neste tipo de iniciativas que teñen o obxectivo de fomentar as compras no noso pobo e dinamizar a economía á vez que se pasa un bo anaco todos xuntos”.