A promoción tivo lugar en dúas feiras turísticas profesionais celebradas esta fin de semana: Expovacaciones, na cidade vasca de Barakaldo e a Travel Show 2022 en Roma, na que Galicia participou da man de Turespaña. Trátase de dúas feiras turísticas orientadas a profesionais e tamén a público final nas que Galicia puido seguir promovendo internacionalmente a celebración deste Ano Santo.
No caso de Expovacaciones, Galicia participou con stand propio na que está considerada como un do certames turísticos máis importantes da zona norte de España, con case 70.000 visitantes na última edición no que adoita estar representados todas as comunidades autónomas nun espazo expositivo onde se dan cita máis de 160 expositores.
No caso da feira en Italia, a presenza do noso destino turístico fíxose baixo o paraugas de Turespaña. Trátase dunha feira de recente creación, sendo esta a súa segunda edición, coa finalidade de dar a coñecer a nosa terra tanto aos posibles turistas como as axencias de viaxes.