Promoción económica, turismo e obras do Plan único a análise en Corcubión

1 minutes read

O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, desprazouse ata Corcubión para manter unha reunión co alcalde, Xabier Dominguez, para analizar diversas cuestións relativas a obras e servizos municipais.

Na xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros María Bella, Xosé Lado e Francisco Santiago, abordáronse cuestións relativas á promoción económica, turismo e o avance das obras do Plan único.

Neste primeiro encontro tamén se trasladou a importancia que teñen para concellos como o de Corcubión as diferentes liñas de axudas e o asesoramento que se fan desde a Deputación, que é esencial para as administracións locais.

Aproveitaron o encontro para tratar cuestións relativas a contratacións de persoal, situacións de determinados servizos e algunhas das necesidades do Concello, que serán obxecto de análise por parte da institución provincial.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?