Como en anos anteriores, haberá visitas guiadas e gratuítas ás adegas participantes, con recomendación de confirmar por teléfono a asistencia coa bodega correspondente por motivos de aforo. Tamén se porá en marcha o Bus do Viño, organizaranse rutas, obradoiros infantís relacionados co mundo do viño e ofreceranse menús en restaurantes. Na páxina de Facebook de Turismo de Galicia realizaranse tres concursos por cada Ruta do Viño, nos que se sortearán noites de aloxamento para dúas persoas en cuarto dobre nun dos establecementos asociados participantes, máis o xantar do día seguinte nun restaurante socio da Ruta. Toda a información está dipoñible na páxina web rutasviñosgalicia.gal. As demais Rutas dos Viños de Galicia con Denominación de Orixe serán no Ribeiro -do 13 ao 15 de maio -; Rías Baixas -do 20 ao 22 de maio -; Valdeorras -do 27 ao 29 de maio – e Monterrei – do 10 ao 12 de xuño -.