Pronto á venda as entradas para poder asistir en Carballo á celebración do “V Xantar A Milagrosa 26”

2 minutes read

A Asociación Cultural e Deportiva A Milagrosa, do barrio do mesmo nome en Carballo porá á venda, proximamente, as entradas para poder asistir á celebración do “V Xantar A Milagrosa 26”.

O evento celebrarase o sábado, día 6 de xuño nas instalacións do polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romero. Os actos darán comezo ás 13:30 h. coa apertura das portas de acceso ó recinto escolar para dar paso a unha pequena sesión vermout amenizada polo DJ FranStone, un veciño máis do barrio, cun recoñecido prestixio e sempre presto a colaborar.

A continuación, a partir das 15:00 horas, serviráse a comida que consistirá en empanada, langostinos, polbo á galega a fartar, churrasco de porco e tenreira, patacas frexidas, sobremesa e licores. Todo iso regado con viño branco e tinto, refrescos e auga.

Rematado o xantar, mentras os comensais desfrutan do café e dos chupitos, celebraráse o tradicional sorteo de regalos. O ano pasado foi novidade o sorteo dunha viaxe a Gran Canaria para duas persoas. Este ano, ademáis dos obsequios doados por distintas casas comerciais, sortearánse tres fins de semana en balnearios galegos, para duas persoas cada un en réxime de aloxamento, almorzo e acceso a zona termal.

Tras a degustación de tan exquisito manxar voltará a música, dando paso a unha velada, aberta a tódolos públicos, que se alongará tanto como os corpos aguanten. Tal e como sucedeu o pasado ano tanto a sesión vermout como o tardeo de despois da comida celebraranse no exterior do pavillón polideportivo, baixo unha carpa. Esto permitirá que todas aquelas persoas que, por motivos diversos, non poidan asistir á comida, sí poidan gozar da sesión vermout e do tardeo, se así o desexan.

As entradas para o evento póderanse adquirir a través dos membros da comisión organizadora ou no local social da Antiga Escola de Arrabales, en horarios de 18:00 a 20:30 horas, de luns a venrs e os sábados e domingos entre as 11:00 e as 13:00 horas. Dada a gran expectativa que levanta este evento, desde a organización animan aos/as interesados/as a retirar a súa entrada canto antes xa que, aínda que o aforo do pavillón é moi superior, unicamente se ofertan 500 prazas por cuestións organizativas e de seguridade.

Nesta celebración colaboran, ademais das casas comerciais e locais de hostalería, o Concello de Carballo e a dirección do Colexio Xesús San Luís Romero, a quen desde a comisión queren dar as máis expresivas grazas.