Pronunciamento de TEGA en relación á demolición das antigas vivendas dos mestres

TeGa Carballo

O Voceiro de Terra Galega no Concello de Carballo, Andrés Eirís Barca, fixo público un comunicado no que expresa o malestar do seu grupo “por non ter sido invitados polo Alcalde a reunión co movemento asociativo, coma membros da Corporación e poder intercambiar opinión coas asociacións invitadas nun tema tan importante para a sociedade carballesa”.

Terra Galega afirma que foi o único partido político que levaba no programa electoral 2019-2023 o derrubamento destas vivendas, concretamente no apartado “outros investimentos” figura o seguinte: “Demolición das antigas vivendas dos mestres, para posteriormente, construir locais adaptados para o seu uso por diferentes asociacións existentes no noso concello”.

Desde TEGA din querer deixar claro que:

O programa do BNG leva o seguinte texto: “Nesta liña, a nosa proposta de futuro incúe propostas para os vindeiros catro anos pero tamén, e sobre todo, acción estructurais que se manterán no tempo como eixo da nosa política social dentro da Estratexa Carballo 2030.

  • Facer realidade o novo espazodas entidades sociais coa reforma integral das vivendas dos mestres, mellorando as condicións das entidades xa implantadas a abrindo ese espazo a outras que demandan novos lugares de traballo (AECC ou Afaber)”

“Non concretando para cando van a facer realidade esta actuación e quedando claro que neste 2020, non será pois nos orzamentos presentados aos partidos da oposición, por certo, ao mesmo tempo que se efectuaba a xuntanza coas asociacións por parte do Alcalde, non vai ningunha partida para ese fin” destaca Andrés Eirís.

Tamén felicitan ao movemento asociativo relacionado cos servizos sociais polo gran traballo que desempeñan cubrindo as necesidades básicas de moitas persoas que non son cubertas polas distintas administracións públicas.