Proposta a prórroga automática dos ERE ata o 31 de decembro

0 minutes read

O Ministerio de Traballo propón prorrogar automáticamente os expedientes de regulación de emprego ata o 31 de decembro e limitar os de forza maior a empresas dunha serie de actividades económicas especialmente afectadas e a negocios que dependan destas. Segundo figura no borrador que Traballo lles presentou aos axentes sociais, mantense a prohibición de despedir tras os ERTE ata finais de ano.