Ames e Teo propoñen mellorar a seguridade peonil no lugar da Agrela

1 minutes read

O deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, e o deputado de Promoción Económica, Blas García, acompañados de representantes dos concellos de Ames e Teo, visitaron este martes a estrada provincial DP-0206 ao seu paso polo núcleo de Agrela, onde os gobernos de ambos os dous municipios solicitan a construción de beirarrúas en ambas marxes da estrada co obxectivo de mellorar a seguridade peonil, tanto dos/as veciños/as que transitan diariamente por este lugar como dos/as peregrinos/as, xa que por esta vía pasa o Camiño Portugués. Na actualidade a empresa Estudio Técnico está elaborando o proxecto e solicítaselle a Deputación que financie ditas obras, a través dalgún plan provincial.

Na visita participaron do Concello de Ames, o alcalde, José Miñones, e o concelleiro de Obras e Servizos Básicos e deputado provincial, Blas García; do Concello de Teo asistiron, a primeira tenente de alcaldía e concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, o concelleiro de Infraestruturas, Roberto Moñino, e o concelleiro de Servizos Básicos, José Manuel Elías.

Ambos concellos precisaron que, unha vez rematado o proxecto, enviaráselle á Deputación da Coruña para estudar a súa viabilidade.