Proposta para facer da comarca de Ferrolterra un polo enerxético

1 minutes read

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con alcaldes das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, no marco da rolda de contactos que o Goberno galego vai realizar con todos os axentes económicos e sociais e os partidos políticos da zona para deseñar as bases dun Pacto de Estado por Ferrol. Neste sentido, tamén se entrevistou con representantes sindicais desta zona. O obxectivo é contar cunha folla de ruta que inclúa medidas, prazos e orzamentos concretos para a recuperación e transformación da comarca.

En ambas as dúas reunións, trasladouselles aos asistentes a proposta de facer da comarca un polo enerxético, aproveitando a existencia de man de obra cualificada, un tecido industrial con empresas que poderían exercer un efecto tractor e a presenza de industria auxiliar diversificada. Sería unha oportunidade para avanzar na transición ecolóxica e a transformación industrial que se promove baixo o contexto dos fondos europeos Next Generation a través da produción de biocombustibles, o impulso do gas natural licuado (GNL) como fonte enerxética ou o desenvolvemento de hidróxeno verde e enerxías renovables.