Proseguen as actividades da Asociación de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain

Dende o pasado mes de outubro retomáronse as actividades propostas pola Asociación de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain para esta nova temporada: intercambio lingüístico español-francés con L´Isle Jourdain, Biblio Conversa Literaria e o Café Conversación #CarballoParleFrançais.

Así mesmo, o próximo venres 18 de novembro haberá un obradoiro júnior ás 18:00 na Biblioteca Rego da Balsa. As crianzas de 6 a 12 anos terán a oportunidade de asistir a este evento interactivo sobre a novela francesa «Le Petit Prince» de Antoine de Saint-Exupéry. Traducida ao galego por Carlos Casares, «O principiño» permitirá  coñecer as ensinanzas que transmite esta famosa obra literaria:
                                     * A importancia de equivocarse
                                     * Aprender a tomar riscos
                                     * Os valores da amizade, o amor, a tristeza…

Tamén na Biblioteca Rego da Balsa haberá a conversa en francés o 25 de Novembro as 18:30. Por outra banda, a proposta de lectura para este mes é o clásico Bel-Ami de Guy de Maupassant. Farase a posta en común da novela o sábado 26 de Novembro as 11:30 no auditorio da Biblioteca. O aforo é limitado e é preciso previa inscrición na Biblioteca.
En decembro pecharán o 2022 cun obradoiro gastronómico de repostaría francesa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha