Proseguen as labores de limpeza de pellets en diferentes puntos da costa

1 minutes read

De Caión a Fisterra, pasando por Carballo, Malpica, Laxe, etc… Equipos de voluntarios coordinados polos concellos seguen afanándose en eliminar os restos de plástico que seguen chegando as nosas praias.

Na foto, en Traba de Laxe participaron na limpeza de pellets de plástico varias persoas organizadas polo Concello de Laxe e Protección Civil. Por outra banda, na praia de Soesto procederon á limpeza os operarios de Medio Ambiente.

Equipados con luvas, cubos e coadores, estiveron traballando durante horas de maneira colaborativa e completamente coordinada para eliminar do areal estas pequenas bólas de plástico contaminantes. O seu pequeno tamaño e a gran extensión da praia, atopándose os gránulos moi dispersos, fan que sexa unha labor moi difícil de afrontar.

Trinta voluntarios participaron na xornada de limpeza de praias de Malpica

Diversos grupos colaboraron na limpeza de granulados e outros residuos en Area Maior, Seiruga e As Torradas, tamén na praia de Beo, con membros de Senda Nova sumándose á iniciativa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, xunto co concelleiro de Obras e Seguridade, Miguel Ángel Fernández, e o concelleiro de Medio Ambiente, Rodrigo Mato, participaron activamente nesta xornada de limpeza, acompañados por membros de Protección Civil de Malpica. Tamén colaboraron membros da escola de surf One Surf Academy.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?