Proseguen as obras na AC-445, no camiño de Santiago a Fisterra, en Cee e Corcubión


Os traballos desenvólvense no tramo desta estrada comprendido entre os puntos quilométricos 4,5 e 4,8.
A actuación consiste na execución dun treito de senda, de 2 metros de ancho de solo seleccionado e estabilizado con cemento e un cruzamento, para facilitar os desprazamentos dos peregrinos.
O proxecto tamén recolle a instalación en parte deste tramo de tubaxe baixo o firme, así como a disposición dunha cuneta revestida de formigón.
No marco desta intervención, tamén se reforzará a sinalización horizontal e vertical na estrada, incrementando a presenza de sinais relativos ao Camiño de Santiago.