Proseguen as protestas en Francia e o Goberno ofrece diálogo

1 minutes read

O Goberno de Francia mostrou este sábado un talante máis dialogante para aplacar o crecente descontento social pola reforma das pensións, que foi promulgada polo presidente, Emmanuel Macron, horas despois de ser validada polo Consello Constitucional. «Con humildade, respecto e atención debemos escoitar os medos e enfados dos nosos compatriotas», dixo a primeira ministra, Elisabeth Borne, quen acudiu este sábado a clausura en París do consello nacional do partido presidencial, Renacemento. As declaracións de Borne prodúcense horas despois de que Macron sancionase a lei que eleva a idade mínima de xubilación dos 62 a anos 64 anos. Aínda que tiña 15 días para promulgala, fíxoo de maneira case inmediata, ás catro da madrugada, un xesto que enfureciu aos sindicatos e á oposición de esquerdas.