Proseguen os controis e limpeza dos areais en Laxe e Ponteceso

1 minutes read

O Concello de Laxe continuou, ao longo destes días, cos traballos de vixilancia e control dos areais do municipio para controlar a presencia de pellets. Tras a recollida realizada o pasado domingo en Traba por Protección Civil e persoas voluntarias, este xoves achegáronse ata o municipio varios efectivos de Tragsa para continuar con estes labores nas praias. Desde o Concello aseguran que, nestes días, daráselle continuidade a estes traballos de maneira coordinada para manter controlada a situación.

O Concello de Ponteceso comunicou que establece de xeito formal un control diario en todos os seus areais co fin de detectar a posible chegada ás súas costas de pellets. “Se a AVPC atopase estes elementos, xa estableceríamos tanto equipos de limpeza como recollidas con voluntarios, ademais de informar ás entidades medioambientais”, destacaba o alcalde, José Manuel Mato.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?