Proseguen os danos e roubos de coches en Carballo

Foto.- Bombeiros de Carballo_Cedida.

Este venres pola mañá foi subtraído un turismo da marca Citroën, aínda que puido ser recuperado ás poucas horas sen demasiados danos. Peor sorte tivo un Volkswagen Passat localizado de madrugada na zona do Monte do Carme, o cal presentaba algúns danos. Outra alarma saltaba ás 00:50 horas por mediación dun particular que informaba dun coche ardendo nunha zona próxima á estrada de Razo en Carballo. Ao lugar desprazáronse os bombeiros do parque de Bértoa, pero á súa chegada xa nada puideron facer por salvar o vehículo, un Seat Ibiza, que foi pasto das chamas. A Garda Civil fíxose cargo das investigacións para determinar as causas destes sucesos e tratar de deter aos posibles responsables.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha