26
Na semana de Reis volverá a haber obradoiros, actividades e unha nova exposición permanente con talleres tecnolóxicos para nenos e nenas de 8 anos. Os días 3 e 4 en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30, e o día 5, só pola mañá, xa que pola tarde celebrarase a tradicional cabalgata, a planta alta do mercado converterase nunha gran zona de xogos con ambientación de Nadal e todas estas propostas: un concurso para cambiarlle as rodas á camioneta de Nadal, inchables multixogos, xogos reciclados elaborados cos obxectos máis inverosímiles, concurso de ordeño da rena, talleres de globos e de figuras xeadas… Propostas para todas as idades e con entrada libre.