Rouban nun novo turismo aparcado en Carballo

1 minutes read

Os amigos do alleo seguen facendo das súas no centro urbano de Carballo. Efectivos da Garda Civil lograron, o pasado mes de maio, a identificación, localización e posterior detención, dun veciño da localidade que furtara un vehículo de motor para cometer os ilícitos e que carecía de permiso de conducir por sentenza xudicial. Meses atrás outro individuo foi detido por forzar e roubar un total de 13 vehículos que se atopaban estacionados na vía pública: dez en Carballo e tres na Laracha. Nas últimas semanas os feitos similares séguense producindo, a zona do Chorís, a Gran Vía ou a rúa Doutor Fleming, foron as últimas localizacións onde turismos aparcados foron asaltados para levarse aveños do seu interior, así como diferentes equipos electrónicos. Na maioría dos casos os vándalos adoitan romper un dos portelos para acceder a eles, este foi o caso do turismo Ford atacado este martes na céntrica rúa Doutor Fleming.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?