Protección Civil colaborou na evacuación dun ciclista que sufriu unha caída en Santiago

0 minutes read

Un ciclista resultou ferido de diversa consideración tras sufrir unha caída cando circulaba polo monte Pedroso, en Santiago. O persoal sanitario solicitou ao 112 Galicia a intervención doutros equipos de emerxencia para evacuar ao ferido, pois o ciclista caera nunha zona de difícil acceso. Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros, á Policía Local e a Protección Civil de Santiago. Finalmente, o ferido puido ser trasladado a un centro hospitalario despois de ser axudado polos voluntarios de Protección Civil, que lograron chegar ao punto onde se atopaba grazas ao seu vehículo todoterreo.