Protección Civil da Laracha fórmase en situacións de emerxencia

1 minutes read
  • Esta fin de semana realizaron varias prácticas no polígono industrial

Membros de Protección Civil da Laracha recibiron esta pasada fin de semana formación práctica en diversas materias de emerxencias co propósito de mellorar os seus coñecementos e capacidades para enfrontarse a posibles situación de risco.

Parte da acción formativa centrouse no manexo do equipo de alta presión con cisterna –motobomba- incorporado recentemente polo Concello en colaboración coa Xunta de Galicia. Tamén se realizaron prácticas sobre o uso de extintores e simulouse un incendio forestal para actuar sobre el cun batelumes. Ademais, leváronse a cabo exercicios con motoserra para saber intervir ante a caída de árbores caídas sobre a rede viaria.

Todas estas actuacións formativas leváronse a cabo no entorno do polígono industrial da Laracha.