Protección Civil de Arteixo comeza a buscar os socorristas da nova tempada de praias


A Asociación de Protección Civil de Arteixo inicia o proceso selectivo de persoal para o Servicio de Salvamento para a próxima temporada de praias. As probas teóricas comezarán o próximo 29 de maio. As prácticas, consistirán na realización de probas de actitude física axeitadas para comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van a desenvolver. As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo poderanse descargar na web e estarán a disposición dos interesados nas dependencias de Protección Civil (parcela nº 24 do Polígono de Sabón en Arteixo). As solicitudes enviaranse a associacionp@gmail.com. O prazo para entregalas debidamente cumprimentadas no mesmo lugar remata o 9 de maio.