Protección Civil de Camariñas realizou máis de 130 intervencións durante o 2021

Imagen de archivo de Protección Civil de Camariñas en el 2020_Facebook AVPC

  • As máis frecuentes foron as relacionadas con accidentes de tráfico

O equipo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas levou a cabo máis de 130 intervencións durante o pasado ano, sendo as actuacións de tráfico as máis frecuentes.

O Concello quere, unha vez máis, mostrar todo o seu apoio e agradecemento a todos membros da entidade que tamén colaboraron noutros operativos como os relacionados coa Covid-19, o Rally de Ferrol e, por suposto, a Mostra do Encaixe. Labores que «fixeron de Camariñas un lugar mellor», sinalan desde o goberno local.