Protección Civil de Malpica, Dumbría e Fisterra xa contan con tendas de campaña de emerxencias


O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na entrega de tendas de campaña de emerxencias destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Entre as beneficiarias figuran as de Malpica, Dumbría e Fisterra. As tendas de campaña están habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e ofrecen ademais facilidades para o seu transporte, montaxe e desmontaxe. No conxunto da comunidade distribuiranse unha trintena de tendas destas características, que supuxeron un investimento de máis de 93.600 €.