Mellorar a seguridade cidadá é un dos obxectivos do goberno municipal de Malpica. Nesa mesma liña, persoal da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil está a participar dende o día 5 nun curso de prevención e intervención en accidentes de tráfico organizado pola Academia Galega de Seguridade (Agasp) e que se desenvolve na base de Protección Civil de Carballo.
O Concello tamén ofrece aos clubs de fútbol formación no manexo de desfibriladores
O Concello de Malpica quere mellorar a seguridade de deportistas e persoas usuarias das instalacións deportivas municipais, e con esa finalidade ofrece aos clubs de fútbol que militan nos grupos 2º (Segunda Galicia) e 4º (Terceira Galicia) da Costa a posibilidade de formarse no manexo de desfibriladores automáticos externos. O vindeiro sábado 13, a partir das 10.00 horas, celebrarase no pavillón polideportivo municipal un curso intensivo dirixido ás persoas que determinen os propios clubs.
