- As distincións, concedidas pola Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil, serán entregadas o 7 de maio
A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Malpica recibirá nove condecoracións da Asociación Nacional de Voluntarios de Protección Civil (ANAV). As medallas de mérito e recoñecemento á Antigüidade e á Constancia serán entregadas o vindeiro 7 de maio nun acto que se celebrará na Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.
O alcalde, Eduardo Parga, destacou que este é un recoñecemento «ao traballo e o esforzo de todos e todas as persoas que
colaboran como voluntarias e que mostran o seu compromiso diariamente».
As condecoracións serán de varias categorías. Coa de bronce e distintivo branco será recoñecido David Varela Abelenda; e con distintivo laranxa Carlos Antonio Formoso Canto e Marco Antonio Ures García. Na categoría de prata con distintivo vermello a medalla será entregada a Eduardo Rubén Díaz García e Iván Lema Botana. Por último, na categoría de ouro recibirán medallas distintivas Emilio Sayans Bonachera, Daniel Vázquez Añón, José Antonio Alfeirán Regueira e Adrián Verdes Suárez.